IGREXA DE SAN CIBRÁN DE MOURISCADOS

Relixioso
624

Localización

Parroquia: Mouriscados (San Cibrán)

Lugar: O Campo do Mouro

36877  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 11' 19.4" N - 8º 24' 45.1" W

Descrición

Pereira Molares (2002) asegura que "a igrexa responde ao modelo de planta rectangular, que se remata nunha cabeceira máis alta e estreita que o corpo principal. Unha sancristía apégase ao costal norte do presbiterio. Todo o conxunto é de cantaría.
A fachada principal organízase como un paramento liso, flanqueado por pilastras laterais e que se remata cunha espadana central, de dobre campá. No eixo principal deste lenzo ábrese a porta de entrada, rectangular e cercada por unha guarnición refundida. Coroa o lintel da porta un entaboado, de friso bombeado, sobre o que debeu disporse un frontón triangular, do que aínda se conserva a pegada.
O frontispicio presenta como coroamento, unha esvelta espadana formada por un primeiro corpo, de dobre arco peraltado, que aparece flanqueado por volutas de disposición vertical, sobre o que se eleva outro, con arco de medio punto e frontón triangular como remate. Tanto a fachada como a espadana ornaméntanse con pináculos de diferentes deseños."

Acceso

Acceso en coche dende estrada provincial E.P. 4304
Arriba