IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE QUEIMADELOS

Relixioso
382

Localización

Parroquia: Queimadelos (Santa María)

36877  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 03.5" N - 8º 25' 51.6" W

Descrición

Templo parroquial de planta rectangular e cuberta a dúas augas que se localiza ao este da parroquia de Queimadelos. Situada nun contorno natural e escasamente urbanizado, a súa fachada ofrece unha notable proxección vertical, carente de calquera tipo de ornamentación, exceptuando a súa espadana, que presenta unha dobre perforación coroada por pináculos. No muro N apégase ao presbiterio, lixeiramente elevado e protexido por unha cuberta a catro augas, unha sancristía de planta cuadrangular.
No seu adro destacan valiosos exemplos de nichos labrados en pedra de grande calidade arquitectónica.

Acceso

 Acceso en coche dende a estrada provincial E.P. 4303
Arriba
Axúdanos a mellorar!