IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE RÍOFRÍO

Relixioso
518

Localización

Parroquia: Riofrío (San Miguel)

Lugar: San Miguel

36875  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 20.1" N - 8º 27' 51.2" W

Descrición

Para Pereira Molares "a igrexa responde ao modelo de planta rectangular rematada nunha cabeceira cadrada, máis estreita e alta que a nave principal. Completa a fábrica unha sancristía cuadrangular apegada ao costado meridional da ábsida. Todo o conxunto é de perpiaño. A fachada principal organízase como un paramento liso, de configuración vertical, enmarcado por pilastras laterais e coroado por unha esvelta espadana central. No centro deste lenzo frontal ábrese a porta de entrada, rectangular e recercada por unha guarnición moldeada con acabados nos ángulos. Flanquean a porta, sendas pilastras de fuste estriado, que soportan un entaboado rematado por un frontón triangular. No seu tímpano ábrese unha pequena fornela, enmarcada por un friso de follas esculpidas en relevo. Sobre o frontón hai unha ventá rectangular, de pronunciado derrame, con guarnición plana. O frontispicio aparece abrazado entre pilastras coroadas por esveltos pináculos con bola, das que arrancan sendas aletas que constituen o seu coroamento superior. Sobre o vértice superior da fachada érguese unha espadana conformada por tres corpos superpostos de tamaño decrecente separados entre si por saíntes cornixas. No corpo baixo ábrense dous arcos peraltados para albergar as campás, mentres que os superiores presentan un oco cada un. Baixo o arrinque da espadana hai unha decoración de plaqueta de escaso resalte."

Acceso

Acceso en coche dende a estrada autonómica PO-252 e a estrada provincial E.P. 4301
Arriba