IGREXA DE SANTIAGO DE ANDEADE

Relixioso
490

Localización

Parroquia: Andeade (Santiago)

Lugar: A Eirexe

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 04.8" N - 8º 15' 56.0" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco. Planta dunha nave rectangular con cabeceira cadrada destacada. Porta de marquetaría liso, enriba fiestra na tribuna con lixeira bucina e marquetaría liso. Nos esquinais, pilastras lisas rematadas con xerros con tapa de bola. Espadana con imposta baixa a xeito prioral. Vans de medio punto resaltados. Remate de triángulo curvo con pináculo piramidal moi esvelto entre outros abalaustrados.

Acceso

En automóbil son 3, 5 quilómetros, a 5 minutos dende a Casa do Concello, en Fonte Díaz. Seguir cara ó norte pola AC-240, pasando polos lugares de O Barral, A Santaia, alí xirar cara a dereita cara a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro. Neste cruce coller a man dereita e atoparemos o recurso a menos de 100 metros a man esquerda.

Estilos

Barroco
Arriba