IGREXA DE SANTISO DE CORNADO

Relixioso
527

Localización

Parroquia: Cornado (Santiso)

Lugar: Santiso

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 10.5" N - 8º 15' 59.0" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco. Planta de unha nave rectangular con cabeceira cadrada destacada. Cachotería e mampostería de granito e lousa, revocadas e lucidas. Torre en fachada, que vai estreitándose gradualmente coa altura. Porta embaixo de fondo, arcaván de medio punto. Campanario con vans de medio punto moi peraltados. Remate con cupulín peraltado e decorado con volutas. Cabeceira de arcaván triunfal de medio punto sobre de pilastras con imposta moldura e voada. Bóveda de canón.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal son 5,8 quilómetros, uns 8 minutos, coller a AC- 240 dirección norte pasando polos lugares de O Barral e Santaia. Neste último xirar a dereita seguindo a indicación Área recreativa de Santaia. Deberase seguir esta estrada ata chegar o lugar de Outeiro onde continuaremos recto na intersección. Continuaremos recto ata o seguinte cruce onde continuaremos recto ata que vexamos o recurso a man esquerda despois de pasar polo lugar de Cillobre.

A pé sería continuar o mesmo percorrido, e levaría aproximadamente 1 hora e 15 minutos.

Estilos

Barroco
Arriba