IGREXA DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS

Relixioso
551
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño de Oleiros (San Martiño)

Lugar: Eirexe

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 52.2" N - 7º 58' 10.8" W

Descrición

Igrexa de estilo románico. Edificio de planta rectangular dunha nave con ábsida rectangular na cabeceira máis estreito e sacristía amosada no lateral dereito,  á que se accede por unha porta á dereita do altar. Ábsida afastado do resto da nave con arcaván de medio punto cuberto con bóveda de arestas. Aos pés da nave, escaleira de acceso o andar superior (coro). Arcaván cego de medio punto incrustrado no muro lateral dereitocunha imaxe mariana. Fábrica de cachotería de granito visto. Fachada principal con van de entrada enmarcada en arcaván de medio punto i espada de dous vans rematada en pináculos e cruz. Cuberta de tella a dúas augas, agás na sacristía que é a unha. Existe unha porta no lateral dereito da nave.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide, á altura do km 2, lugar do Ribeiro, tomamos unha desviación á esquerda e seguimos tres quilómetros; tras cruzar a “Ponte da Pedra”, collemos o primeiro desvío á dereita, despois percorremos un 1 quilómetro máis para chegar ao derradeiro desvío á esquerda ata a igrexa de San Martiño de Oleiros.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba