CAPELA DA VIRXE DA PEREGRINA DE SEILÁN

Relixioso
514

Localización

Parroquia: Sanamede do Monte (San Mamede)

Lugar: O Seilán

15862  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 26.1" N - 8º 44' 00.6" W

Descrición

A capela atópase fronte a unha fermosa carballeira, e foi construída no lugar onde se atopaba outra anterior de madeira para oficiar misas nos días de feira. Ten planta rectangular con tellado a dúas augas e a sancristía engadida no extremo e a menor altura. Os muros alternan a cachotaría e o perpiaño, e na fachada principal atopamos a porta no centro, rematada en arco oxival, unha fiestra circular a media altura e a espadana elévase para acoller a campá nun arco de medio punto e sobre unha cornixa, cun remate na punta en pináculo. Os muros laterais da nave están revocados. Na carballeira de Seilán atopamos tamén unha fonte e un cruceiro.

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada AC-444 en dirección a Negreira. A pouco máis de cinco km atópase o lugar de Seilán e alí sitúase a capela tras a carballeira que hai ao lado esquerdo. 
Arriba