CAPELA DA VIRXE DAS DORES

Relixioso
817

Localización

Parroquia: A Baña (San Vicenzo)

Lugar: San Vicenzo

Rúa das Dores

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 46.1" N - 8º 45' 30.8" W

Descrición

Foi construída, dentro do conxunto da Obra Pía, grazas á financiación do emigrante en Perú Rafael Díaz. Ademais da capela, construíuse no lugar a casa para o capelán e unha escola para educar a xuventude da parroquia. Na actualidade, a carón da capela atópase a Casa da Cultura da Baña, que tamén alberga a biblioteca, e a casa do capelán que fixo no pasado funcións de reitoral. 

Acceso

A capela atópase en pleno centro de San Vicenzo, na rúa das Dores, a pouco máis de 100 m da Casa do Concello. 
Arriba