CAPELA DE SAN SALVADOR DA ERMIDA

Relixioso
584

Localización

Parroquia: A Ermida (San Salvador)

Lugar: A Ermida

15862  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 59.3" N - 8º 47' 18.7" W

Descrición

Foi construída no S XVII, e deixou de ser igrexa parroquial no 1844. De planta rectangular, conta con nave e capela maior, cunhas dimensións pequenas. Ten muros de cachotería revocados con cemento, tellado a dúas augas. A fachada é pentagonal e, ademais da porta, ten unha das dúas pequenas fiestras que ten a capela en total. No centro sobresae unha espadana, tamén de pequenas dimensións, cunha campá central nun arco de medio punto.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola estrada AC-444 en dirección Santa Comba, e despois de uns 3 Km xiramos á esquerda cara A Ermida, á cal chegaremos despois duns 3’5 Km tras pasar Faxín e Francos.

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba