IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE BARCALA

Relixioso
624

Localización

Parroquia: Barcala (San Xoán)

Lugar: Seoane

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 54.8" N - 8º 46' 00.5" W

Descrición

Construída no S. XVIII en estilo Barroco, con planta rectangular de cadeirado granítico, presbiterio sobresaínte e sancristía anexa, mais cuberta a dúas augas con tella. A fachada principal apenas ten decoración, apréciase a aresta, a porta alintelada e a fiestra rectangular, así como a imaxe do patrón sobre unha pequena cornixa. Na parte central dianteira sobresae en altura o campanario, feito en tres partes principais; a primeira cuadrangular acabada en cornixa, a segunda con arcos de medio punto que gardan as campás, e a terceira, tamén separada pola cornixa, tamén contén pequenos ocos e a cúpula enriba, con pináculos nas esquinas de arredor e mais encima.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola rúa Castiñeiras, nuns 700 m xiramos á dereita cara O Castro, onde pasamos bordeando o cemiterio parroquial sen desviarnos para continuar pasando por Emes, Arzón e ata chegar a Seoane, onde atopamos a igrexa no cruce central do lugar.

Estilos

Barroco
Arriba