IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DO BARRO

Relixioso
641

Localización

Parroquia: O Barro (Santa Mariña)

Lugar: O Barro de Abaixo

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 10.8" N - 8º 44' 18.3" W

Descrición

Construída no segundo terzo do S. XVIII en estilo Barroco, aínda que se aprecia certa austeridade neoclásica. Aproveitouse a antiga capela dos Caamaño do S XVI. Hoxe en día consta de planta rectangular de cadeirado granítico e sancristía anexa, mais cuberta a dúas augas con tella. A fachada principal ten a porta alintelada no centro, unha fornela coa imaxe da patroa e unha pequena fiestra circular máis arriba. Sobresae a espadana con dous arcos de medio punto e cadansúa campá, rematada en punta triangular con pináculos en cada extremo. 

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola AC-444 en dirección a Santa Comba, e nuns 400 m xiramos á dereita en dirección ao Barro, e a uns 2 Km chegamos á aldea. A igrexa atópase no núcleo do Barro de Arriba.

Estilos

Barroco
Arriba