IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BENDILLO

Relixioso
406
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bendilló (Santa María)

Lugar: Bendilló

27329  Quiroga - Lugo

Descrición

Igrexa do século XVIII máis concretamente de 1754, é un edificio de unha sola nave con planta de cruz latina, no seu interior garda retablos de estilo neoclásico de finais do século XVIII, o retablo maior ten esculturas de San Antón de Padua, Santa Ana e a Asunción presidindo. Os muros son de mampostería en xisto tradicional e a cuberta a dúas augas realizada en lousa. Apenas posúe vans, polo que no interior hai pouca claridade. Na fachada, polo centro, encontrase a porta feita a partir dun arco de medio punto e encima de ela unha ventá; por riba da ventá levantase unha espadana con dous arcos de medio punto que gardan as campás e que axudan a levantar a un terceiro arco decorativo.

Acceso

Dende Quiroga coller  N-120 en dirección A Rúa e no cruce que se verá pasando Bendollo terémonos que meter por el e continuar pola ponte ata chegar a estrada LU-933 cara a esquerda que nos levará directo a vila de Bendillo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba