IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOSÉ DE XESTOSO

Relixioso
361
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar de Lor (San Xosé)

Lugar: Xestoso

27329  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio de planta rectangular dunha soa nave e con imaxes do século XVII e XVIII. Os muros son de mampostería de xisto á vista. A cuberta é a dúas augas con lousa ó exterior sobre estrutura de madeira. Os ocos son escasos e son de carpintaría de madeira lacada. Consta dun recibidor cuberto nun dos laterais e na fachada principal, dito recibidor está cuberto a unha auga sobre estrutura de madeira. Consta dunha espadana con dous ocos onde se albergan as campás, rematada por unha cruz de fábrica.

Acceso

Dende Quiroga collemos a N-120 en dirección a Monforte de Lemos e no Pontido desviámonos cara a dereita en dirección o Nocedo, no Nocedo seguir a estrada LU-933 ata chegar a bifurcación que nos permite acceder a estrada LU-P-5005, debemos seguir o traxecto natural da estrada ata que cheguemos a poboación de Vilar do Lor e máis adiante Xestoso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!