CRUCEIRO DE COUCEIRO - CRUZ DO NAVEGANTE

Etnográfico
1063

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

Lugar: Laxe

Monte de Cornaceiras - Capela de Santa Rosa

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 10.3" N - 9º 00' 32.3" W

Descrición

Está situado fronte á capela de Sta. Rosa de Lima, e carece de plataforma, pois o seu varal cilíndrico incrustouse directamente sobre un penedo. O seu capitel é tamén circular, moi moldurado. Sobre el unha cruz sen figuras. 

Este cruceiro foi erguido por un navegante de Laxe apelido “Couceiro”, que facía a ruta de Perú a España, infestada naqueles tempos de piratas. No ano 1676,  este navegante fixéralle a Santa Rosa de Lima unha promesa de que, se daba chegado felizmente á casa, erguería un cruceiro no sitio máis alto da súa vila e depositaría unhas reliquias da santa ós seus pés. Regresou sen contratempos e cumpriu a promesa. 

A “Cruz do Navegante” dominou este lugar en solitario ata 1936. Este cruceiro mudou de aspecto ao longo dos séculos, xa que seguramente a cruz orixinaria era do seculo XVII, e polo ano 1932 esta cruz era de ferro, como o demostra algunhas fotografías tomadas por José Vidal e que forman parte do Arquivo Fotográfico Vidal. Por desgracia, hoxe xa non existe esta cruz artística de ferro, xa que volveu ser substituída en época indeterminada pola actual de pedra.
Arriba