CRUCEIRO DA PRAZA DE ORIENTE

Etnográfico
891

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

Lugar: Laxe

Praza de Oriente s/n

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 15.3" N - 9º 00' 22.5" W

Descrición

Recibe o nome de “Cruceiro do Areal” ou “Cristo das Areas”, e está situado na praza de Oriente, no núcleo urbano da vila.

A plataforma e o pedestal están moi pegados a dúas vivendas, co que nos indica que este non foi o seu emprazamento orixinal. Con anterioridade estivo no extremo sur do casco antigo da vila, preto da praia, do que sería trasladado posteriormente. No anverso presenta un Cristo crucificado con tres cravos moi desgastado, o que parece indicar a súa antigüidade, xa que existen documentos da existencia dun cruceiro no areal, na praia, en 1828. No reverso, mostra á Virxe orante, coas mans xuntas, sobre unha peaña dun anxo alado e anxos na parte superior coroándoa.

Arriba