PETO DE ÁNIMAS DO CEMITERIO DE SAN SALVADOR

Etnográfico
595

Localización

Parroquia: Poio (San Salvador)

Lugar: Encoirados

36163  Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 09.3" N - 8º 40' 21.3" W

Descrición

Cruceiro de pedra sobre dous chanzos cadrados, cunha base cúbica na que se finca un fuste octogonal. Pola parte dianteira mostra un anxo que leva nas súas mans un martelo, e por detrás, á mesma altura, a imaxe de San Miguel sobre unha figura monstruosa e coa espada na man. O capitel, cilíndrico, decórase cunha grilanda e mostra, por enriba de varias follas colocadas verticalmente, a cabeza dun anxo sostendo unha cruz octogonal que carece de figuras. O retablo atópase na parte dianteira da base do cruceiro; nel aparecen tres personaxes en posición orante, sendo a central unha cura, recoñecible polo seu atuendo.
Arriba