PONTE VELLA DO DEZ

Civil
1108

Localización

Parroquia: O Alto de Xestoso (Santa María)

Lugar: A Maceira

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 08.0" N - 7º 56' 47.0" W

Descrición

Ponte que, polo menos en parte, podería ser medieval, situado sobre o río Frai Bermúz e nas inmediacións de Alto Xestoso. Composto por grandes pezas irregulares de pedra, combinadas con laxas máis pequenas de cachotes. O paso do río sálvase cun só oco trazado con arco de medio punto lixeiramente apuntado, reforzado con doelas a xeito de pezas de cantería. Os extremos apoian directamente no terreo, carece de tallamares debido á estreiteza do río e ao seu escaso caudal. Con varanda de ferro forxada.

Acceso

Dende capital municipal, estrada LC-151 a Irixoa, tras 4 km, no núcleo de O Xestal, tomar desviación á esquerda C-0905, tras 5.5 km, xunto ao "Bar Correos", xirar á esquerda con dirección a Alto Xestoso e Ás Pontes (sinalizado), cara a Caxiao, nas inmediacións atopa a área de recreo e a ponte.
Arriba