PAZO EPISCOPAL DE MONDOÑEDO

Civil
1505
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santiago de Mondoñedo (Santiago)

Praza da Catedral

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 39.9" N - 7º 21' 46.0" W

Descrición

Edificio contiguo á Catedral de Mondoñedo, da primitiva obra da cal apenas quedan restos na parte baixa. Fabricado en cuarcitas e granito e cuberto con lousa, consta de tres plantas. O edificio data principalmente dos ss. XVII e XVIII. En 1760 o Bispo Riomol refixo a parte que dá á praza da Catedral e o Bispo Cuadrillero refixo o pavillón que dá á coñecida como "fonte vella". En 1527 ardeu todo o edificio e foi restaurado posteriormente por Fray Antonio de Guevara e os Bispos Muñoz e Sarmiento. Estrutúrase en cinco salas, corredor, capela, sancristía e dous patios interiores con varias pedras antigas e mascaróns de diversas épocas. Interesante fachada principal con escudos do prelado Riomol e Quiroga e cunha galería branca do s. XIX. A capela interior é de estilo neogótico.

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba