TORRE DA PENELA

Civil
1538

Localización

Parroquia: A Silvarredonda (San Pedro)

Lugar: A Penela

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 08.9" N - 8º 51' 29.0" W

Descrición

A Torre da Penela é o único resto dunha fortaleza medieval que vixiaba o condado do mesmo nome. Os seus lindes marcábanos os cruceiros de Bello, Baneira e campo da Penela. O fundador do vínculo foi Lope Bermúdez. A principios do século XVII, Lorenzo Bermúdez de Castro converteuna en pazo. Os últimos apelidos nobres foron os do conde Javier Ozores Pedrosa.
Ten formato cadrado. Na frontal aparece un escudo e unha porta con arco de medio punto de grandes doelas. Os cuarteis do escudo amosan as armas do remodelador: Bermúdez, Castro e Riobó. Outro escudo encástrase nos pés dun cabazo veciño.

Acceso

En Ponteceso, tómase a LC- 423 cara a Agualada. Tras pasar o cruce de Beres, e A Silvarredonda existe un desvío á dereita casa Baneira e A Penela.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba