PAZO DA GOLPELLEIRA

Civil
1348
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arealonga (Santa Baia)

Lugar: A Torre

Avenida López Ballesteros 20

36613  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 04.0" N - 8º 45' 30.0" W

Descrición

    Con probable orixe nunha fortaleza medieval, A Golpelleira converteuse en pazo no século XVI para sufrir unha notable transformación a finais do século XIX adoptando a súa peculiar forma actual, que denota a suma de edificacións de distintas épocas. Dominando desde sempre un vasto territorio, non en balde figuraba como “quinta” en distintos planos antigos, hoxe A Golpelleira é unha suntuosa residencia que serve de escenario para os máis variados eventos.

    Do pazo da Golpelleira destaca especialmente a capela, dedicada á mexicana virxe de Guadalupe. Desde La Guerra de la Independencia o templo garda en depósito unha imaxe de San Miguel que pertence ao contiguo lugar de Trabanca e que cada ano, o 29 de setembro, coincidindo coa festividade do santo, os veciños sacan en procesión.

    Igualmente, da Golpelleira sobresaen os seus xardíns. De traza francesa, o espazo compleméntase con notables exemplares de árbores autóctonas e tropicais, que compiten con soberbios exemplares de camelia, e zonas con encanto como o quiosco, o estanque, o cruceiro ou o invernadoiro de estilo inglés.
O hórreo sitúase como o trixésimo segundo máis grande do mundo, mide 21,6 metros de largo e 1,55 de ancho.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba