PAZO DE MARTELO

Civil
1640
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxo

Praza Rafael Dieste s/n

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 01.9" N - 8º 49' 07.9" W

Descrición

A construción orixinal, que incluía unha torre, foi derrubada e levantouse o edificio actual a fins do s. XVII - principios do s. XVIII. En época recente foi rehabilitado polo concello para albergar a biblioteca pública segundo o proxecto do arquitecto Rafael Baltar Tojo. Ten planta rectangular, consta de dúas plantas. A cuberta a catro augas con tellado de tella, coroado por unha claraboia. Na fachada destacan a solaina balaustrada sostida por firmes canzorros, con balaústres barrocos, que ocupa toda a fronte, as gárgolas da cornixa e, preto das esquinas, dous escudos debuxados por Castelao na revista Nós. Declarado monumento histórico-artístico en 1973.

Acceso

Está no núcleo da capital municipal.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba