PAZO DE RIVERA ATIENZA

Civil
1696
No Camiño de Santiago

Localización

Calexón Rivera Atienza

36214  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 40.9" N - 8º 41' 57.9" W

Descrición

Edificación con planta en forma de U que presenta pechados os extremos dos corpos laterais por un muro con escudo e portalón de entrada que dá acceso a un patio con escaleira que conduce á planta principal. Cabe destacar a ampla solaina que se abre na fachada posterior do edificio así como o impoñente portalón de entrada a base dun xogo arquitectónico-estrutural verdadeiramente enxeñoso con escudo ovalado. A súa fundación hai que poñela en relación con Don Pedro González de Rivera e Dona Juana Núñez Falcón, a finais do século XVII. Na actualidade depende da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia, sendo rehabilitado para Centro Social.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba