PAZO DOS CALOTE

Civil
957
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Lugar: A Capela

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 33.0" N - 8º 47' 43.9" W

Descrición

Restos do que foi o pazo dos Calote, hoxe en día reacondicionado. Na fachada consérvase o soportal, con columnas de pedra de sección circular, que soportan arcos de medio punto como axustador dun balcón con balaústres de pedra. Tamén se conserva un dos escudos.

Acceso

Dende Rianxo, toma a estrada local que enlaza coa C-550. Unha vez nesta vía séguese en dirección a Padrón. No Araño toma unha pista seguindo o indicador "Igrexa". A uns 250 m, cóllese o primeiro desvío á dereita que leva á Capela, onde está o pazo e a capela que dá nome ao lugar. A carón da capela hai unha praza onde se pode aparcar.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba