PAZO O RIAL

Civil
1556
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Cambados 117

36611  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 42.8" N - 8º 47' 47.6" W

Descrición

O pazo O Rial é, sen dúbida, o máis importante dos pazos que se sitúan en Vilaxoán. Foi levantado no século XVII -probablemente sobre ou partindo dunha edificación anterior de orixe medieval- por iniciativa dos Mariño de Lobera, unha das familias de maior liñaxe de Galicia. 
O Rial encarna o concepto de pazo: situado na parte máis elevada da zona para dominar os seus territorios, presenta planta rectangular con dúas torres, e toda a súa decoración dota ao edificio dun gran equilibrio: ameas, cornixas con molduras, balconadas, gárgolas e potentes chemineas realzan o seu aspecto señorial. Á esquerda, estorbando un tanto a visión do conxunto, a capela, e máis apartado, o pombal. 
Exhibe varios escudos de armas, que nos falan das familias que foron os seus señores– Ozores, Sotomayor, Sarmiento…- pero ningún tan rechamante coma o dos Mariño de Lobera, cos seus símbolos distintivos: a serea mitolóxica, as ondas, os lobos e a estrela. Desde principios do século XX, O Rial quedou abandonado, ata que nos anos 70 foi vendido e convertido no hotel que é hoxe. As obras supuxeron a recuperación do seu antigo esplendor como un dos pazos máis belos de Galicia, pero tamén unha certa deformación tras as obras de ampliación na súa parte posterior para acoller maior número de habitacións. 
Na actualidade funciona como instalación hostaleiro e restaurante.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba