PAZO DA VILA

Civil
944

Localización

Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)

Lugar: Quintá

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 46.0" N - 8º 03' 28.0" W

Descrición

Pazo sen estilo definido. Conserva a traza orixinal, con planta rectangular, disposta en dúas alturas. No interior, os espazos están adaptados e acondicionados ao uso agrícola. No exterior, os muros combinan a cachotería miúda dos panos coas pezas de granito nos contornos de vans e esquinais. Cuberta de lousa a dúas augas no corpo rectangular. Presenta unha volumetría complicada, na que se diferencian os diversos corpos resultantes do seu crecemento orgánico en función das necesidades residenciais ou de explotación.
Arriba