PAZO DE IRIXOA

Civil
189

Localización

Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)

Lugar: A Casanova 3

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 11.0" N - 8º 03' 29.0" W

Descrición

Pazo do século XIX, sen estilo definido. Aínda que restaurado, conserva a traza orixinal, con planta en forma de "L", disposta en dous pisos. O interior áchase totalmente rehabilitado, utilizando os espazos dos animais para os cuartos. O exterior combina pedra á vista nos muros, con cachotes e perpiaños, e madeira nas carpintarías. Cuberta de lousa a dúas augas no corpo rectangular, apoiada sobre o muro de peche do terreo. Volumetría complexa, na que se diferencian os diversos corpos, cunha curiosa sensación visual que impregna de personalidade ao edificio, derivada do xogo de entrantes e salientes nos panos de fachada. A entrada principal sitúase no corpo máis alto.
Arriba