CAPELA DE SAN PEDRO

Relixioso
391

Localización

Parroquia: Cervo (Santa María)

Lugar: A Senra

27891  Cervo - Lugo

Descrición

Esta capela situada na Senra data do ano 1636. (s.XVII). Trátase dunha capela fundada por unha familia, sendo o seu fundador Pedro Díaz. Dita capela é de propiedade privada, e foi pasando de xeración en xeración ata a actual propietaria, Dona Manuela Franco Quiroga, que reside na casa dos fundadores.
A pesar de ser unha capela privada, os propietarios permiten o seu uso en calquera tipo de acto previa autorización, sendo testemuña de diferentes vodas, bautismos e misas. Todos os anos polas festas de San Pedro (29 Xuño), patrón da Senra, celébranse misas nesta capela. As imaxes que podemos ver no seu interior pertencen ás orixes da capela: San Pedro, San Andrés, Santa Ana e Santa Inés. Tamén é de mencionar a Virxe do Carme doada por un náufrago.

Acceso

Dende Cervo, debemos chegar ata o campo de fútbol de A Bidueira. Dende alí seguimos avanzando pola estrada ata chegar a un núcleo de casas que é A Senra.

Estilos

Barroco
Arriba