CAPELA DA MILAGROSA EN CEREIXA

Relixioso
1071

Localización

Parroquia: Erbecedo (San Salvador)

Lugar: A Pedreira

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 03.6" N - 8º 42' 26.8" W

Descrición

Capela de planta rectangular dunha soa nave. Trátase dun templo de gran sinxeleza e austeridade ornamental. A fachada principal presenta un esquema pentagonal, no eixo vertical central atopamos a porta rectangular de acceso alintelada. Rompendo a cornixa sitúase en posición central a espadana. Posúe un corpo con un único oco de medio punto e campá e un remate con un frontón triangular coroado por unha cruz. Unha placa reza: Santuario dos Milagros de Erbecedo, construída no mesmo solar que ocupou a primitiva igrexa parroquial e inaugurada en 1943.
Arriba