IGREXA DE VALENZA

Relixioso
636

Localización

Parroquia: Valenza (San Pedro)

Lugar: Castrobó

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 48.9" N - 8º 48' 25.2" W

Descrición

Igrexa do século XVIII situada nun entorno rural con cemiterio na parte posterior. Posúe planta rectangular dunha soa nave, con gran dimensión no sentido transversal. A nave presenta unha cuberta a dúas augas en tres tramos con diferentes alturas e cuberta de tella cerámica curva. O piñón testeiro coróase cunha cruz de pedra. A decoración redúcese á fachada principal e á espadana campanario.  No eixo vertical central da fachada principal atopamos a porta de acceso rectangular alintelada co símbolo das chaves de San Pedro labrada en pedra e catro pináculos ornamentais, así como unha cruz sobre un frontón triangular.

Estilos

Barroco
Arriba