IGREXA DE VERDES

Relixioso
463

Localización

Parroquia: Verdes (Santo Adrán)

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 26.5" N - 8º 47' 13.9" W

Descrición

Igrexa do século XIX  situada nun entorno rural con cemiterio na parte posterior. Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave e ábsida cadrada. Posúe un volume rectangular anexo á cabeceira no muro norte que se corresponde coa sancristía. A nave cóbrese a dúas augas con tella cerámica e unha mesma altura. Interiormente a nave posúe bóveda de canón dividida por dous arcos faixóns. Podemos datar a cruz parroquial nos anos finais do séc. XVII, a cal mantén a pureza orixinal; unha auténtica xoia diocesana de lámina de prata fina montada sobre madeira.
Arriba