CAPELA DE SAN PEDRO DE RUBIEIRO

Relixioso
1175
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sumio (Santiago)

Lugar: O Rubieiro

15184  Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 13.3" N - 8º 22' 50.5" W

Descrición

Capela de planta rectangular e unha soa nave con muros de cachotería sen revocar con gran porta con arco de medio punto con impostas en cornixa. O van está feito para levar reixa. Hoxe en día posúe unha porta vidreira que deixa ver o seu interior. Interior austero e carente de retablo. Cuberta de tella curva sobre estrutura de madeira de par e nó.
Estado construtivo: O seu estado de conservación é moi bo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba