Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 15 SUBIDA AO MONTE DA MURALLA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 15 SUBIDA AO MONTE DA MURALLA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200422000131/pr-g-15-subida-ao-monte-da-muralla?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
O inicio está á entrada da aldea da Ermida, xunto á área infantil. Neste pequeno núcleo rural destaca a rústica capela de San Xoán.
O roteiro ascende pola Ferrería, camiño habitual dos turistas que desexan chegar ao afamado Pozo Bastón. Neste tramo, gran parte do trazado discorre xunto ao leito do Rego do Campo Treito que cruzaremos en repetidas ocasións. A algo máis dun quilómetro augas arriba da Ferrería está o desvío a Pozo Bastón, unha poza natural cunhas fermosas fervenzas, situada a uns escasos 350 metros do sendeiro.
A ascensión chega a Campelo, onde comeza a forte subida ao Monte da Muralla. O roteiro non transcorre polo cume, pero merece a pena desviarse ata a mesma para gozar das vistas da ría de Arousa e a ría de Muros e Noia. Retórnase a Campelo e o descenso finaliza na Ermida.
Pola súa proximidade, é moi recomendable achegarse a visitar o hórreo de O Araño, considerado o máis longo de Galicia.
Concello de Rianxo
Tel.: 981 86 00 75
concello@concelloderianxo.gal
www.concelloderianxo.gal
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.