mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 83 RUTA DO VENTO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 83 RUTA DO VENTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200505000006/pr-g-83-ruta-do-vento?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Trabada - Lugo
Na área recreativa de Chao do Couso existe unha zona de aparcamento e un panel informativo sobre os carreiros deste concello.
O roteiro transita na súa totalidade por pistas anchas de escasa pendente. O tramo inicial son 300 metros de estrada para logo emprender a subida pola suave Serra da Cadeira cara ao pico de Chao Grande (770 m.) en Cerrochán, desde onde se goza de excelentes vistas dos vales circundantes.
O bosque autóctono de carballos, madroños, acivros e abeleiras predomina na vertente norte, a unha cota inferior á pista por onde discorre a senda. Nas cimas do monte predominan as plantacións de coníferas e os espazos abertos.
O percorrido dispón de dous pequenos refuxios para a choiva en O Chao Grande e no Monte da Insua. Case dous quilómetros do traxecto son compartidos co PR-G 85 Ruta da Fraga de Vilapena e tamén no inicio conecta co PR-G 84.
Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.