mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 175 RUTA DO MONTE DE SAN XUSTO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 175 RUTA DO MONTE DE SAN XUSTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200507000012/pr-g-175-ruta-do-monte-de-san-xusto?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Pontedeva - Ourense
Este carreiro mostra a exuberante natureza que rodea o río Deva e permite fermosas vistas sobre o río Miño. Ao ser un roteiro circular pódese iniciar en varios puntos, como a área de autocaravanas de O Valiño ou A Ponte Ballote, sendo aconsellable este último emprazamento xa que conecta tamén co roteiro PR-G 176.
Desde A Ponte Ballote, o roteiro descende xunto ao río Deva para alcanzar A Ponte do Cantiño e continúa ata A Ponte Trado, interesante construción medieval con probables orixes romanas. Despois comeza a subida cara a Trado. Un pouco máis arriba, atópase a área de autocaravanas de O Valiño.
O roteiro continúa cara ao Monte de San Xusto. Durante a ascensión visítase o miradoiro sobre o río Miño e a modesta e restaurada ermida de San Xusto, con mesas e bancos ao seu ao redor. A continuación a senda descende á aldea de Trado Pequeno e prosegue ata chegar á Ponte Ballote.
Concello de Pontedeva
Tel.: 988 495 005
concello@pontedeva.es
www.pontedeva.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.