Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 181 RUTA DE CIBRISQUEIROS A SAN COSMEDE&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 181 RUTA DE CIBRISQUEIROS A SAN COSMEDE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200513000051/pr-g-181-ruta-de-cibrisqueiros-a-san-cosmede?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Discorre polo antigo camiño que unía Cibrisqueiros con San Cosmede. Desde a estrada, nas proximidades dun lavadoiro comunitario, o roteiro se interna entre as casas da aldea. Á altura das últimas edificacións hai unha derivación á dereita ata a fermosa igrexa románica de San Vicente de Pombeiro ( ss. XII-XIII).
Continuando de fronte, tras pasar un arroio, o camiño sobe ata unhas antigas construcións abandonadas. En breve chegaremos ás tumbas de O Preguntoiro, situadas a escasos metros da senda. Son dúas tumbas antropomorfas, unha pequena pila e outros restos, todo escavado en pedra de granito.
Agora as rocas toman o protagonismo, conformando un fermoso camiño. Atoparemos algunha parede preparada para a escalada, así como penedos de curiosas formas alveoladas. A continuación, o roteiro descende por Penaveada cara á pequena capela de San Cosmede, na que se venera á Virxe das Dores. Seguindo un tramo entre viñedos e vellos muros de pedra, chégase á próxima aldea de San Cosmede.
As árbores deixarannos ver o Canón do Sil en contadas ocasións, pero percorrer o roteiro no outono e primavera será un deleite para os sentidos debido ás marabillosas tonalidades da vexetación.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.