mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 186 RUTA MOREIRAS - CONCELLO DE TOÉN&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 186 RUTA MOREIRAS - CONCELLO DE TOÉN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200513000056/pr-g-186-ruta-moreiras-concello-de-toen?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Toén - Ourense
Este percorrido sorprende polas suas espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén.
Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa praza e fonte de 1895, a Casa do Patín ou a barroca fachada da igrexa de San Pedro.
O longo trazado deste carreiro transcorre principalmente por pistas amplas, salvo os camiños antigos entre aldeas ou as sendas tortuosas do bosque de Coto Louredo. Durante a senda, alternaremos zonas de matogueira con outras de bosque denso, con sobreiras, castiñeiros, madroños, carballos e acivros.
En Coto Louredo poderemos gozar das vistas sobre o val do río Miño, en concreto desde o miradoiro natural e a cova de Cima da Granxa ou desde Penedo Fendido. En Mugares, a senda pasa xunto á ermida das Angustias, así como xunto á igrexa de Santa María e a súa blasonada reitoral.
O roteiro visita tamén os núcleos de Toén, Trellerma e Trelle con casas antigas e edificios relixiosos dignos de ser visitados. Existen dúas variantes ben indicadas que permiten acurtar o roteiro.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.