Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 189 RUTA DOS CASTROS DO IRIXO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 189 RUTA DOS CASTROS DO IRIXO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200514000065/pr-g-189-ruta-dos-castros-do-irixo?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Desde O Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o percorrido do carreiro visita lugares moi humanizados desde antigo. Hoxe, debido ao despoboamento, a natureza reclama o seu terreo e os bosques e plantacións silvícolas bordean o roteiro.
É un trazado suave que pasa polo derruído muíño de Valcobo, xunto ao río Coedo. Unha canle de auga achéganos ata a variante do carreiro que sobe ao Coto do Castro, onde quedan restos dos muros, pouco visibles, da muralla do Castro de Orros.
En Paredes, hai que facer un pequeno desvío para ver os restos do seu conxunto de hórreos. Logo, a senda descende ata Os Casares e, tras unha pequena costa, achegaranos a Valdesoiro.
Neste percorrido podemos atopar tradicionais hórreos mixtos construídos en pedra e madeira. Aquí, normalmente, non se apoian en pés, senón en cepas (muros ou pezas transversais, do mesmo ancho que a cámara) e poden ter teito de lousa ou de tella.
AS AGRUPACIÓNS DE HÓRREOS
Aínda que as agrupacións de hórreos existen en toda Galicia, predominan máis na provincia de Ourense e nas serras montañosas de Pontevedra. Cando unha aldea está conformada por vivendas pegadas e non é posible a construción do hórreo xunto á casa, todos os hórreos da veciñanza constrúense concentrados nun espazo público ou comunal sobre rocas e terreos estériles que non teñan outra utilidade.
Concello do Irixo
Tel.: 988 287 400
www.oirixo.gal
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.