Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 197 RUTA DE CODESEDA - RAPA DAS BESTAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 197 RUTA DE CODESEDA - RAPA DAS BESTAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200518000080/pr-g-197-ruta-de-codeseda-rapa-das-bestas?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
En Codeseda, iníciase esta longa senda que percorre as parroquias de San Xurxo de Codeseda e San Lourenzo de Sabucedo. Dada a súa lonxitude, recoméndase facela en dous aneis, utilizando a variante PR-G 197.1, entre o Santuario de Guadalupe na Agrela e Codeseda, para pechar os dous tramos.
O carreiro percorre un territorio con abundantes xacementos arqueolóxicos de orixe prehistórica, mosteiros e calzadas do medievo, así como igrexas, hórreos, hórreas, muíños e pontes de factura máis actual.
As paisaxes e o relevo son diversos e en cada época do ano mostran grandes cambios e atractivos. Mestúranse zonas de ribeira de río con bosques autóctonos, así como paraxes de media montaña con praderías e coníferas. Estes últimos son o hábitat ocupado polos cabalos salvaxes que, ano tras ano, son conducidos ata o curro para celebrar a rapa das bestas de Sabucedo.
A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO
Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, celébrase a principios de xullo e é, probablemente, o curro máis coñecido de Galicia. Os seus loitadores enfróntanse aos cabalos de igual a igual, sen cordas nin varas, e entre tres homes vencen á “besta” en perigosa loita.A festa e tradición nacen da necesidade de controlar aos equinos que viven libremente no monte. Os garañones e as bestas (cabalos e eguas) son conducidos desde as serras ata o curro onde, fortemente suxeitados, rápaselles, marca e insere un microchip de control.
Concello da Estrada
Tel.: 986 570 165
turismo.aestrada.gal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.