mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 202 RUTA DA FERVENZA DO REXEDOIRO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 202 RUTA DA FERVENZA DO REXEDOIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200520000114/pr-g-202-ruta-da-fervenza-do-rexedoiro?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Val do Dubra - A Coruña
Senda circular que comeza e termina no Campo da Feira de Bembibre. Desde este punto, o camiño transcorre pola marxe dereita do río Dubra ata Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde volve ao comezo. No seu percorrido, desvíase ata ao leito do Rego do Portonabo, afluente do Dubra, que forma unha fervenza en dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.
O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos e praderías con zonas forestais. Entre estas últimas, o itinerario transita por zonas de repoboación e outras autóctonas con acivros, sobreiras, loureiros, carballos e castiñeiros.
A uns dous quilómetros do inicio, a capela de San Xoán Bautista sorprende polo seu illamento, xa que está situada nun lugar inhabitado dentro dos montes da parroquia de San Martiño Coucieiro. Construída no século XVII, suponse que se asenta sobre un primitivo templo medieval. Outrora abandonada e en ruínas, foi restaurada no primeiro decenio do século XXI para recuperar as concorridas romarías á súa ao redor. Na súa proximidade atópase a fonte de Augas Virxes, considerada de augas milagreiras.
O Campo da Feira, O Rial, O Carqueixal, capela de San Xoán, Monte de San Román, Gontar, Fervenza do Rexedoiro, Insua, rio Dubra, capela de San Xoán, O Campo da Feira.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.