Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 213 SENDEIRO OS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 213 SENDEIRO OS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200528000191/pr-g-213-sendeiro-os-bosques-maxicos-de-castro-caldelas?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
O carreiro forma dous aneis que se unen na praza do Prado da capital municipal: O Castro de Caldelas. Pódese facer o roteiro completa ou elixir un dos bucles, xa que ambos son circulares.
O anel curto, duns cinco quilómetros, goza no seu inicio dunha boa panorámica sobre o castelo, para logo achegarse ata a igrexa de Camba (s. X). Desde aquí descende ata a área fluvial e recreativa de Ponte das Táboas. Seguindo o río Edo, o bucle retorna a O Castro de Caldelas entre muíños e bosques.
O anel longo, duns quince quilómetros, descende entre aldeas e bosques cara ao río Edo. En pouco tempo chégase ata as ruínas do mosteiro de San Paio de Abeleda (s. XII), situado entre amplos viñedos. Despois, o itinerario continúa próximo ao río de O Porto, seguindo a saia do monte coroado pola aldea de Poboeiros. No Souto de Poboeiros, os carballos e castaños centenarios rodean e dan sombra a esta senda.
RECOMENDACIÓNS
O roteiro cruza estradas transitadas en varios lugares. Sexa precavido.
CASTELO DE O CASTRO DE CALDELAS
Crese que esta fortaleza que pertenceu aos Condes de Lemos ocupa o lugar dun primitivo castro e un posterior campamento romano. A construción actual é do século XIV. Durante a Revolta Irmandiña, entre os anos 1467 e 1469, as forzas Irmandiñas tomaron e destruíron parcialmente a fortaleza. Tras a revolta, o Conde de Lemos castigou aos seus vasallos obrigándolles a reconstruír o castelo.Hoxe é un centro cultural e no seu interior alberga a oficina de turismo, a biblioteca municipal, un salón de actos e un museo arqueolóxico e etnográfico.
Concello de Castro Caldelas
Tel.: 988 203 000
www.castrocaldelas.es
correo.castrocaldelas@fegamp.gal
turismo.ribeirasacra.org
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.