Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: O VISO ECOVILLAGE&body=Recoméndoche que leas a información O VISO ECOVILLAGE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/201214000044/o-viso-ecovillage?ctre=134%26langId=gl_ES%26tp=71
O Viso Ecovillage é a primeira aldea de turismo rural da Comarca da Mariña,
Lugo, Galicia. Situada no municipio de Ourol, a só 15 minutos das praias. A 16
km de Viveiro e a unha hora e media do aeroporto de Santiago de Compostela. A
aldea xace nunha gran área natural de doce hectáreas, converténdoa nun lugar
ideal para relaxarse, desconectar e gozar da natureza.
A aldea de O Viso foi abandonada hai 30 anos e estímase que a arquitectura
galega de todos os seus edificios ten máis de 200 anos. Cando a súa fundadora,
Pascale chegou a ela, namorouse completamente. A pesar de que os seus edificios
estaban en moi mal estado sabía o potencial e a maxia que tiña ese lugar.
Iniciouse unha renovación completa comezando a rehabilitación do lugar en 2018.
Desde o primeiro momento traballouse baixo a premisa da sustentabilidade
ecolóxica, respectando os materiais tradicionais do lugar como a pedra, a
madeira ou a lousa. A rehabilitación e a renovación levaronse a cabo da maneira
máis respectuosa co conxunto orixinal dos edificios.
O Viso Ecovillage, conta con varios edificios tradicionais e ten áreas
comúns como os salóns sociais, unha área de piscina, e un sinfin de actividades
das que poderás gozar. Tamén conta cun pequeno restaurante especializado en
comida 100% vexetal e en actividades gastronómicas.
A ética de O Viso Ecovillage é 100% vegana polo cal piden aos seus hóspedes
respectala e non cociñar ningunha receita con produtos de orixe animal nos
apartamentos.
O Viso Ecovillage conta cun pequeno restaurante vegano e pet friendly no
que ofrecen pratos saudables e moi saborosos. Apostan por ingredientes
procedentes da agricultura orgánica e locais. A súa inspiración vén da cociña
mediterránea.
Tipo de cuarto | Número de cuartos | Número de prazas |
---|---|---|
Apartamentos | 11 | 22 |
Cuartos individuais | 1 | 1 |
Cuartos uso dobre | 4 | 8 |
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.