Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: HOTEL DO PORTO&body=Recoméndoche que leas a información HOTEL DO PORTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/201228000085/hotel-do-porto?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros
Rúa Rosalía de Castro 1
15250 Muros - A Coruña
O Hotel do Porto é un hotel de tres estrelas situado no centro histórico da cidade de Muros, renovado en 2020 cunha coidada combinación de madeira de castiñeiro e pedra, con vistas ao porto pesqueiro e ao porto deportivo e á ría. Diante do hotel tamén atopamos unha das praias da cidade.
O hotel ten habitacións amplas e confortables, equipadas con baño privado, smart tv, minibar e wifi. O almorzo, incluído no prezo, sérvese na zona subterránea escavada na rocha. Os equipos de calefacción e climatización utilizan os sistemas máis eficientes e respectuosos co medio ambiente e toda a enerxía procede de fontes sostibles.
Muros ofrece unha ampla gama de rutas gastronómicas, de pesca, vela, surf, sendeirismo e guiadas. A menos de 10 km atopamos lugares como a lagoa de Louro e a praia de Carnota. A fervenza do Ézaro tamén é unha visita obrigada.
O aparcamento está incluído no prezo da habitación.
O aeroporto e a estación de tren máis próximos atópanse en Santiago de Compostela, a 70 km.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.