MIRADOIRO DO PEDREIRIÑO

Áreas de recreo e miradoiros
788

Localización

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 25.3" N - 8º 06' 31.8" W

Descrición

O Pedreiriño é unha área de recreo localizada nas proximidades da Terrachán, capital municipal de Entrimo. Elevada entre rochedos e piñeirais, conta cunha privilexiada posición na contorna da serra do Laboreiro.

As amplas vistas abranguen grande parte da comarca, o río Limia na zona do encoro de Lindoso e a espectacular serra do Xurés cunha completa vista panorámica dos seus cumios graníticos e frecuentemente cubertos de neve na invernía.

O miradoiro está acompañado pola fonte do Pedreiriño e por unha imaxe de San Rosendo esculpida en granito sobre unha rocha, obra do escultor Xosé Cid.
Arriba