CASA DO ARCO

Civil
1871

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

Lugar: Laxe

Praza Ramón Juega 1

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 18.6" N - 9º 00' 20.6" W

Descrición

É o edificio civil de maior importancia histórica de Laxe. Atópase no centro da Vila de Laxe, na esquina noroeste da praza de Ramón Juega e permite mediante os seus tres arcos apuntados sobre os que se asenta os pasos da Rúa Real que nos leva ó templo parroquial de Santa María da Atalaia.
É unha das escasas vivendas que nos quedan en Galicia de estilo gótico, conta cuns 500 anos de antigüidade e pertenceu aos Condes de Altamira, señores feudais destas terras ata o século XIX.
Debaixo do Arco podemos observar dous brasóns: o primeiro está no lintel da porta e conta cunha inscrición gótico-alemana, un cáliz e unha hostia (posiblemente sexa o escudo de Galicia). No segundo brasón aparecen as armas dos Moscoso (a cabeza do lobo) e dos Castro. A casa foi construída no século XV por Dona Urraca de Moscoso (Condesa de Altamira) e o seu segundo marido Don Pedro de Osorio.
Arriba