CASA DO LEITEIRO

Civil
849
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Vacariza

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 58.7" N - 9º 05' 33.6" W

Descrición

Construción orixinal de 1802, ten planta rectangular adaptándose a unha lixeira pendente do terreo. Concibida para cumprir funcións residenciais á vez que para albergar animais, o espazo dedicado a estes reflíctese no exterior pola ausencia de fiestras ou vans, tan só a porta de entrada ás cortes e unhas troneras que actúan como sistema de ventilación.
Ao andar superior pódese acceder dende o exterior por unha escaleira de pedra. Na fachada posterior recórtase no muro un oco que percorre a vivenda en altura, sendo a entrada ao alpendre, fronte á que se sitúa o hórreo elevado sobre unha plataforma de pedra.
Destaca un reloxo de sol realizado en cantería que se sitúa na esquina da edificación, un escudo de armas de catro cuarteis na fachada principal e unha cheminea de grandes proporcións.

Acceso

Dende a capital municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 cara o NO, a 1km xirar á dereita pola AC-552 dirección A Coruña. A uns 2km, xirar á dereita pola AC-442 dirección Berdeogas – Negreira – Santiago. A uns 300m xirar á esquerda pola CP-3401 e a uns 100m volver xirar á esquerda para chegar así á Casa do Leiteiro.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba