mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA RAÚL&body=Recoméndoche que leas a información CASA RAÚL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/2072/casa-raul?ctre=134%26langId=gl_ES%26tp=71
Casa Raúl naceu como casa de labranza en 1968, sendo a primeira casa en recibir aos hóspedes para compartir con eles como era a vida nesta pequena aldea de Lires. Dende entón, tres xeracións da familia gozaron da compañía de viaxeiros de todos os recunchos do mundo, abrindo as nosas portas a calquera que queira gozar dos fermosos recunchos da Costa da Morte nun ambiente tranquilo e familiar. O noso selo de identidade son instalacións completamente renovadas que mantiveron a esencia da súa orixe.
A casa ten: Habitacións: 3 habitacións dobres e 2 habitacións de luxo con entrada independente, terraza ou salón privado Apartamento: con cociña totalmente equipada, balcón privado e terraza. Xardín con zonas de estar e churrasqueira, aparcamento privado, así como a gran finca coroada polo hórreo.
Casa Raúl está situada xunto á igrexa, na pequena aldea de Lires. Nun val no que discorren os ríos Lires e Castro, formando a máis pequena das rías galegas que desembocan nas praias de Lires e Nemiña. Ría, praias e montañas fan da aldea un lugar único para relaxarse e gozar da natureza con todos os servizos ao seu alcance. Ademais de varias rutas dispoñibles no lugar, dende a porta de entrada pódese gozar do lenxendario Camiño de Santiago (extensión de Fisterra a Muxía) e o Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo de 200 km que une Malpica e Finisterre ao longo do borde do mar, con faros, praias, dunas, ríos, dolmens, ... como principais protagonistas.