FERVENZA DE SANTO ESTEVO DO ERMO

Paseos
1869
No Camiño de Santiago

Localización

Barreiros - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 00.0" N - 7º 14' 19.2" W

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

O Paseo

Fervenza de Santo Estevo do Ermo 
Exvotos e augas milagreiras

Na estrada que leva ao lugar de Ínsua encontraremos, á man dereita, un sinal de madeira que indica “San Esteban do Ermo”. Collemos ese desvío e recomendamos deixar aí mesmo o coche para continuar o camiño a pé por unha pista de terra que nos levará ata a mesma capela de Santo Estevo, pequena construción rectangular na que cada luns de Pascua se celebra a romaría na honra do seu patrón e xunto a que atoparemos unha zona con bancos, mesas e grellas na que poder descansar. 

Dende aí adentrarémonos nun bosque de carballos, castiñeiros e bidueiros para camiñar ata a base do salto de auga da fraga de Santo Estevo, que cae dende 15 m de altura. Á dereita da fervenza atoparemos unhas escaleiras que ascenden para levarnos ata a fonte de Santa Rosa, rodeada de árbores en cuxos troncos vemos telas atadas, a modo de rústicos exvotos, xa que a tradición lle adxudica as súas augas propiedades curativas das doenzas da pel.

No noso camiño cara á fonte poderemos ver tamén o que a lenda di que é a pegada da ferradura do cabalo do apóstolo Santiago. Poderemos seguir o curso do río uns metros máis e desfrutar desta máxica contorna antes de volver sobre os nosos pasos.

Características

Lonxitude: 2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Km 15 da LU-P-6103, 43°32'00.1"N / 7°14'19.2"W
Punto de Fin:
Contorna da fonte de Santa Rosa 43°31'14.2"N / 7°14'08.2"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba