Á BEIRA DO RÍO CARREGAL

Paseos
755

Localización

Curtis - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 31.9" N - 8º 02' 33.9" W

O Paseo

Á beira do río Carregal
Bosque de ribeira das Terras do Mandeo

Accedemos a este paseo fluvial do río Carregal dende Teixeiro, vindo do centro urbán por unha pista asfaltada á esquerda despois do paso inferior da vía do ferrocarril. Atopamos á esquerda novamente unha zona de aparcadoiro e área de lecer. Aquí comezamos a nosa andaina seguindo o curso do río Carregal. En épocas chuviosas pode mesmo rebordar ou inundar a zona boscosa de ribeira a ambos lados do camiño.

Seguimos o serpenteante curso pasando debaixo da vía do tren. Logo atoparemos unha derivación ata o moderno Centro Etnográfico do río Mandeo, que alberga varios paneis explicativos do patrimonio natural, monumental e cultural da contorna, así comxo un vídeo sobre a cultura castrexa e outros elementos interactivos. O paseo remata á beira da estrada N-634, polo que retomaremos os nosos pasos ata volver ao aparcadoiro onde deixamos o noso vehículo.

Características

Lonxitude:
1,28 km (só ida)
(+0,35 km derivación, só ida)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro do paseo fluvial (43°08'31.74''N / 8°02'33.88''O)
Punto de Fin:
Estrada N-634 (43°08'00.77''N / 8°02'16.58''O)

Accesibilidade a ter en conta

Treitos inundables en época de choivas

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!