FERVENZA DO REXEDOIRO

Fervenzas
303

Localización

Parroquia: San Román (Santa Mariña)

Val do Dubra - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 28.0" N - 8º 39' 58.9" W

Descrición

A fervenza do Rexedoiro está no rego do Porto Nabo, afluente do río Dubra que, á súa vez, é afluente do río Tambre.

Para chegar a ela, dende Santiago de Compostela, collemos a estrada DP-0701 en dirección a Portomouro, no concello de Val do Dubra. Dende alí continuaremos pola DP-1914 cara ao Campo da Feira, na parroquia de san Salvador de Bembibre, xa que nese lugar ten o seu inicio o PR-G-202 Ruta da Fervenza do Rexedoiro.

O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores con terras agrícolas de cultivos e praderías con zonas forestais. Entre estas últimas, o itinerario transita por zonas de repoboación e outras autóctonas con acivros, sobreiras, loureiros, carballos e castiñeiros.

O salto de auga cae en dous tramos que suman uns 10m de altura.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba