Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: RESTAURANTE TERRA&body=Recoméndoche que leas a información RESTAURANTE TERRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210726000418/restaurante-terra?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Paseo DA RIBEIRA 65
15155 Fisterra - A Coruña
Contacto para reservas
Brais Pichel inaugurou o seu proxecto gastronómico en 2021, fronte á praia da Ribeira, na súa Fisterra natal. Con só dous anos de traxectoria, a proposta culinaria de Terra foi recoñecida pola crítica especializada e é a máis recente incorporación á selección de restaurantes galegos distinguidos cunha estrela Michelín.
O nome de Terra ten un triplo significado: fai unha homenaxe á toponimia local, fai alusión á orixe dos recursos e incide na importancia de manter os pés na terra.
Con Gabriel Díaz como man dereita, este chef busca inspiración nos produtos de cada estación. O peixe e o marisco, procedentes da lonxa situada a poucos metros do restaurante, son imprescindibles na súa proposta, así como as verduras e as hortalizas, que xogan un papel fundamental no deseño de cada prato. A importancia dada aos vexetais reforzarase en breve coa creación dun invernadoiro, onde se primarán os cultivos menos habituais no mercado.
Os comensais que acudan a Terra gozarán dun menú duns catorce pratos adaptados á dispoñibilidade dos produtos. Conseguir o máximo sabor a través da busca de matices é o obxectivo do chef.
Para iso, a cociña investiga a elaboración de fermentos, vinagres e maceracións, como o garo de lura, o miso de garavanzo negro e o uso de follas de figueira, piñeiro ou cervexa. Este tipo de preparacións, ademais de favorecer o aproveitamento dos recursos, dá moito xogo á hora de ultimar aderezos e salsas.
Pichel considera imprescindible o contacto directo con pequenos provedores e produtores, que o fornecen de pan, de cordeiro e de vexetais da mellor calidade. Co mesmo criterio, selecciona a carta de viños, con referencias galegas, canarias e francesas, ou escolle a vaixela, elaborada artesanalmente en Buño, importante centro cerámico da Costa da Morte.
Interesado pola tendencia gastronómica centroeuropea baseada na sinxeleza e o vínculo directo coa natureza, este chef aposta por traballar cun equipo reducido e respectando os tempos, as singularidades de cada lugar e o traslado que, ao seu xuízo, ofrece moitas posibilidades para desenvolver iniciativas como as que el promove.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.